Para conmemorar o Día da Paz e a Non Violencia, lanzamos unha mensaxe ao mundo, para que abandonen a violencia e para que xuntos construamos un camiño como irmáns, con amor e liberdade!
domingo, 30 de enero de 2022
jueves, 20 de enero de 2022
Uxía Lambona e a Banda Molona no noso cole!
Inauguramos a nova biblioteca do cole cunha festa rachada da man dun dos grupos musicais galegos máis empregados na nosa clase de música: Uxía Lambona e a Banda Molona! Canta ilusión nos fixo telos polo cole e que ben o pasamos!
viernes, 17 de diciembre de 2021
Polo Nadal...a voltas coa duración!
Este ano, Santa Claus vai repartir os agasallos en tren. Anda algo despistado e desordenounos todos. Segundo o número de pulsos que suman as figuras musicais de cada agasallo, ímoslle axudar colocándoos no vagón correspondente. E, de paso, repasamos as figuras e a súa duración!
jueves, 25 de noviembre de 2021
viernes, 29 de octubre de 2021
Música Terrorífica!
Aproveitando que chegou a festa mais terrorífica do ano, o Samaín, traballamos a altura do son e a colocación das notas no pentagrama. Mais esta vez as notas convertíronse en arañas e o pentagrama nunca pentatearaña. Que medo!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)