jueves, 10 de febrero de 2022

Construimos instrumentos musicais: o Kazoo!




Achégase o Entroido e aproveitamos para construir un dos instrumentos musicais máis típicos desta conmemoración, especialmente en lugares como Cádiz ou Santa cruz de Tenerife.














                

viernes, 4 de febrero de 2022

Ritmos Pokemon!


Pikachu, Bulbasaur, Charmander, Squirtle... Traballo rítmico e discriminación auditiva cos nosos amigos Pokemon!



 

domingo, 30 de enero de 2022

Unha mensaxe ao mundo!




Para conmemorar o Día da Paz e a Non Violencia, lanzamos unha mensaxe ao mundo, para que abandonen a violencia e para que xuntos construamos un camiño como irmáns, con amor e liberdade!

jueves, 20 de enero de 2022

Uxía Lambona e a Banda Molona no noso cole!

   

               

Inauguramos a nova biblioteca do cole cunha festa rachada da man dun dos grupos musicais galegos máis empregados na nosa clase de música: Uxía Lambona e a Banda Molona! Canta ilusión nos fixo telos polo cole e que ben o pasamos!

viernes, 17 de diciembre de 2021

Polo Nadal...a voltas coa duración!




Este ano, Santa Claus vai repartir os agasallos en tren. Anda algo despistado e desordenounos todos. Segundo o número de pulsos que suman as figuras musicais de cada agasallo, ímoslle axudar colocándoos no vagón correspondente.  E, de paso, repasamos as figuras e a súa duración!






 

viernes, 29 de octubre de 2021

Música Terrorífica!

 


Aproveitando que chegou a festa mais terrorífica do ano, o Samaín, traballamos a altura do son e a colocación das notas no pentagrama. Mais esta vez as notas convertíronse en arañas e o pentagrama nunca pentatearaña. Que medo!